Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Xaneiro 2026.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de novembro

    Nova entrega da campaña de sensibilización do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia.

    27/11/2025.
    Definicións do mes de setembro. Campaña '12 meses pola igualdade'

    Definicións do mes de setembro. Campaña '12 meses pola igualdade'

    Comisións Obreiras lembra neste mes de novembro que o acoso sexual e o acoso por razón de sexo constitúen formas de violencia e discriminación que atentan contra a dignidade, a saúde e os dereitos das mulleres, obstaculizan a súa participación laboral e contribúen á súa expulsión do mercado de traballo.

    A Lei orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes define ambos os conceptos. O acoso sexual é calquera comportamento, verbal ou físico, de natureza sexual que teña o propósito ou produza o efecto de atentar contra a dignidade dunha persoa, especialmente cando crea un ambiente intimidatorio, degradante ou ofensivo. Pola súa banda, o acoso por razón de sexo refírese a calquera comportamento baseado no sexo dunha persoa que busque ou provoque o mesmo efecto.

    CCOO lembra tamén que condicionar un dereito ou expectativa de dereito á aceptación dunha situación de acoso constitúe igualmente un acto de discriminación por razón de sexo. Estas condutas poden producirse entre persoas de igual ou distinto nivel xerárquico, con independencia da relación de dependencia que exista dentro da empresa.

    O sindicato destaca que o acoso pode adoptar formas verbais, non verbais ou físicas, como o contacto físico non desexado, o achegamento excesivo, o humor sexista ou os comentarios que ridiculizan e desprezan as capacidades das mulleres e das persoas LGTBIQA+, avaliando o seu traballo con prexuízos en función do sexo, xénero, orientación ou identidade.

    Así mesmo, CCOO lembra a definición de feminicidio como a forma máis extrema da violencia de xénero contra as mulleres, segundo a Lei xeral de acceso das mulleres a unha vida libre de violencia de México (2007), e subliña a importancia de recoñecer tamén o fenómeno da revitimización: cando o sistema obriga a vítima a revivir o trauma a través de procesos de denuncia ou xudiciais que poñen en dúbida o seu testemuño.

    O sindicato insiste en que previr, recoñecer e actuar fronte a calquera forma de acoso ou violencia machista é unha responsabilidade compartida, e reclama a todas as administracións e empresas que garantan espazos laborais libres de violencia e discriminación.

    Máis información no documento anexo.

    Novas relacionadas

    2025: 12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xaneiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de febreiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de marzo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de abril

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de maio

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xuño

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xullo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de setembro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de agosto

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de outubro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de novembro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de decembro

    Volven os «12 meses de sensibilización en prol da igualdade», desta vez centrados na igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de xaneiro